Skip to main content
Vilalba

O Galibudo 2017 creará a Orde Marcial da Queimada

Por 5 Agosto, 2017Agosto 10th, 2017Sin comentarios

O Galibudo afronta xa a décimo sexta edición como encontro entre practicantes de diversas artes marciais no marco das festas patrinais de Vilalba. Así, concentraranse na capital chairega as persoas participantes -de calquera nivel e idade- na capital chairega entre o venres 1 de setembro e o domingo 3 para “potenciar lazos entre as artes e os seus practicantes”.

O presidente da escola organizadora, Tae Kwon-Do Moo Kwan, Antonio Montes, recorda que “en ningún momento pretende ser unha convención puramente técnica, senón que ofrecemos a oportunidade de disfrutar da súa práctica”. Para iso participarán tamén maestros de recoñecemento internacional dirixindo cadansúa clase.

Amador Guerra, Agustín Baamonde e Antonio Montes na presentación do Galibudo 2017.

Amador Guerra, Agustín Baamonde e Antonio Montes na presentación do Galibudo 2017.

Esta edición conta co maestro José Alberto Cuevas Calderón, C. N. 6º DAN de Karate do, 4º DAN de Ju Jutsu Tradicional, 4º DAN de Goshin Jutsu, 4º DAN de Bojutsu, 3º DAN de Kobudo, Instructor Nacional de Defensa Personal Integral, presidente fundador de la Asociacion Femenina de Autodefensa e Creador da Escola de Artes Marciais Tradicionales Tatakai Ryu.

Igualmente, achegarase a Vilalba o maestro Roland Madrid Garcia, fundador e presidente de Finalbudo MMA&Defence Method ostentando o grao vermello/negro 5º nivel, é instructor en Keysi Fighting Method e embaixador mundial deste sistema entre 2004-2009; ademais de ter 15 anos de experiencia en competición e formación en defensa personal,  Kick Boxing, Muay Thai, Karate, Sambo, Grapling, Judo, Artes Marciales Filipinas e Brazilian Jiu Jitsu.

Finalmente, tamén estará presenta o maestro Juan Manuel Velasco Santos, cinturón negro 6º DAN de Hapkido, 6º DAN de Jiu Jitsu Yukoshin Ryu Jiu-Jitsu e responsable da Shorin Ryu Kenpo Jitsu. Con formación en quiromasaxe terapéutica, técnico en nutrición e Taichi Chuan é instructor de defensa personal policial.

A programación da convención dará comezo o venres 1 de setembro ás sete da tarde coa reunión dos membros da World Moo Duk Kwan para deixar pasao á reunión dos membros do Círculo Internacional de Amigos das Artes Marciales antes da cea de recepción no Hostal Terra Chá.

Xa o sábado 2 a xornada desenvolverase no pavillón municipal con clases e descansos entre as mesmas ata as catro da tarde cando se fará a presentación dos distintos sistemas asistentes á convención. Trala clausura, a cea terá lugar no Parador de Vilalba onde se fará entrega dos galardóns Galibudo, certificados e distincións C.I. A.A.M e WORLD MOO DUK KWAN. Este ano tamén se creará a Orde Marcial da Queimada co obxectivo de “unir ás damas e cabaleiros afiliados a este orde” a través da cerimonia do lume.

A última xornada servirá para coñecer a zona. De feito, están programadas visitas ao Parador Nacional de Turismo de Vilalba, á parroquia de Ínsua onde a asociación de mulleres rurales traballan de forma tradicional o liño e a unha queixería da Denominación de Orixe San Simón da Costa.

Antonio Montes avanza que “este ano pretendemos editar un vídeo promocional tanto de Vilalba, coma das súas festas, coma dos actos do Galibudo, para dar a coñecer máis, se cabe, tanto a vila coma a actividade da convención”.