Limpar o río Miño en paddle surf, unha actividade da Casa das Ínsuas de Rábade

En paddle surf está programada unha limpeza do río Miño coa Asociación Galega de Custodia do Territorio para o sábado 19 de agosto coa colaboración do colectivo COGE3.

“Os ríos galegos presentan unha elevada problemática de conservación debido ao lixo que chega a eles e que, trala súa desembocadura, chegan aos nosos mares. Con esta actividade pretendemos chamar a atención sobre esta problemática e poñer o noso gran de area para contribuír na súa mitigación”, segundo indican dende a asociación.

A xornada comezará ás once da mañá na Casa das Ínsuas onde se realizará a limpeza no seu entorno, tanto en táboas de paddle surf coma polos arredores.

A organización recomenda levar roupa e calzado axeitado para o río, así como comida e bebida para o xantar. A inscrición, gratuíta, pódese formalizar na páxina web da AGCT.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: