Un incendio nun pazo en Cospeito deixa danos materiais no seu interior

O 112 Galicia recibía a alerta dun incendio nun pazo en Cospeito a través dun particular ás dez e media deste venres 11 de agosto. Indicaba no seu relato que o inmoble estaba deshabitado e que saía fume polo tellado.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia poñía a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Ademais, por precaución, o 112 Galicia informaba do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume calcinou todo o interior da vivenda, colapsou o tellado e afectou á estrutura.

Os feitos sucederon no lugar de Pumares, na parroquia de Támoga. Finalmente, a dotación, que traballou  na extinción do incendio durante máis de cinco horas, conseguiu sufocar o lume e levou a cabo tarefas de refresco na zona.

Etiquetas