Oito equipos participaron no torneo 3×3 de fútbol burbulla no CERCUD de Baamonde

II Torneo de fútbol burbulla no CERCUD de Baamonde.

II Torneo de fútbol burbulla no CERCUD de Baamonde.

Shalke Temeto lograba o campionato da segunda edición do torneo 3×3 de “Fútbol Burbulla” que se celebraba o sábado 12 de agosto no CERCUD de Baamonde no que participaban oito equipos -dous deles mixtos- de Baamonde, Rábade, Lugo, Begonte, Guitiriz e A Coruña.

Os segundos clasificados eran DAM 3XL e terceiros Frenahaybaçhe -mixto-. Os tres primeiros clasificados recibiron cadanseu trofeo e vales agasallo dunha tenda deportiva. Pero os demais participantes tamén recibían medallas: Raio Pataqueiro, cuarto; Os da Bertolina, quintos; Jisotes, sextos; Sachanahora, sétimos; e M101, oitavos.

Etiquetas