A Madalena, escenario de actividades deportivas gratuitas coa Deputación

A área recreativa da Madalena acolle este luns 14 de agosto a partir das catro da tarde actividades deportivas fluviais (tobogáns sobre o río, kaiaks, rocódromos acuáticos…) totalmente gratuitas.

A actividade, dirixida en todo momento por monitores cualificados, prolongarase ata as oito do serán.

Organiza a Deputación de Lugo en colaboración co Concello de Vilalba.

Etiquetas