Extinguido un incendio forestal que arrasou 24 hectáreas en Vilapedre

Algo despois das tres da tarde deste luns 14 de agosto dábase por extinguido o incendio rexistrado no concello de Vilalba, parroquia de Vilapedre, que comezaba arredo das dúas desta madrugada.

Segundo as últimas estimacións afectou 24 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron un técnico, 4 axentes, 9 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Etiquetas