Skip to main content
Actualidade

Medio Rural destina 2,9 millóns de euros para apoiar case 80 proxectos non agrícolas

Por 14 Agosto, 2017Sin comentarios

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) co listado de subvencións aprobadas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas. A axuda cífrase en algo máis de 2,9 millóns de euros, para un investimento total de máis de 6,6 millóns de euros que chegará a case 80 beneficiarios.

Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e son xestionadas por Agader, axencia dependente da Consellería do Medio Rural. A finalidade das mesmas é apoiar iniciativas empresariais no rural que non están relacionadas directamente coas actividades agrogandeiras ou forestais.

Así, por exemplo, subvenciónase unha liña de fabricación de bolsos de pel, a adquisición de maquinaria para a ampliación de cociña nun establecemento de hostaleira, a compra de nova maquinaria téxtil ou a mellora dun sistema de recollida de residuos, entre outras iniciativas.