Medio Rural incrementa nun millón a dotación orzamentaria de axudas a asociacións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a ampliación nun millón de euros da dotación orzamentaria das axudas destinadas a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Deste xeito, o total da convocatoria ascende agora a 2,4 millóns de euros.

O obxectivo desta orde é contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal. Así, as entidades beneficiarias poderán realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de augas veciñais. A finalidade última é mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades da cidadanía.

A ampliación que publica o DOG non afecta ao prazo establecido para a presentación des solicitudes, nin supón o inicio dun novo cómputo.

Etiquetas