O Pichón, escenario do XI Trofeo Concello de Cospeito o domingo 20 de agosto

O campo do Pichón, en Muimenta, acolle o domingo 20 de agosto o XI Trofeo de fútbol Concello de Cospeito que disputarán a SD Muimenta, o Rioaveso, o CD Cospeito e o Catro Roldas.

A torneo orgnizado polo Concello de Cospeito dará comezo ás dez da mañá co partido entre a SD Muimenta e o Rioaveso para dar paso ao encontro entre o CD Cospeito e o Catro Roldas ás doce do mediodía.

O encontro polo terceiro e cuarto posto disputarase ás catro e media da tarde e ás seis e media, a final.

Etiquetas