Fernando Corredoira, segundo adestrador para o primeiro equipo do CD Castro

Fernando Corredoira Corral.

Fernando Corredoira Corral.

O CD Castro conta xa con segundo adestrador para o primeiro equipo. Trátase de Fernando Corredoira Corral, con pasado como xogador no Club Deportivo Lugo onde ten disputado fases de ascenso igual que coma integrante do Lemos, Xove ou Betanzos.

Como adestrador ten experiencia nas categorías inferiores do Lugo -onde adestrou, por exemplo, a membros da plantilla como Omar- e da Residencia.
Desta forma os pupilos de Javi López poderán recibir consellos e directrices dun home  que pasou por categorías como a Segunda División B.

Etiquetas