Skip to main content
ActualidadeVilalba

Medio cento de tenistas en Vilalba polo Torneo San Ramón

Por 20 Agosto, 2017Agosto 23rd, 2017Sin comentarios
Finalistas do XXV Torneo San Ramón de Tenis cos seus trofeos.

Finalistas do XXV Torneo San Ramón de Tenis cos seus trofeos.

Despois de 25 anos, o Torneo de Tenis San Ramón agarda cumprir outros 25 da man do Club de Tenis Vilalbés que o poñía en marcha no ano 1993, pouco despois da súa creación.

Así, entre o domingo 13 e o venres 18 de agosto déronse cita nas instalacións deportivas da Madalena medio cento de tenistas de Vilalba, Cospeito, Lugo, As Pontes e outros lugares de Galicia -A Coruña, Ferrol ou Ourense- e, mesmo, de Madrid para competir en cinco categorías – infantil masculino, cadete masculino, senior +35 masculino, absoluto federado masculino e absoluto non federado masculino-.

Na categoría infantil proclamábase campión José García (CT As Termas) logo de remontar un 4/6, 6/2 e 10/7 ante Marcos Afonso (Madrid).

O vilalbés Xoel Fernández (CT Vilalbés) tiña que conformarse co subcampionato cadete ao caer na final ante Carlos Durán (CT Sporting Casino A Coruña) por 6/4, 3/6 e 6/3.

Fernando de Pablos vencía a Julio Guntín na final senior +35 por 6/2 e 6/0.

E na categoría sénior, entre os non federados era Fermín Arnoso (CT As Pontes) o que se facía co campionato ante José Luís Corredoira (CT D10 Lugo) nunha final que remataba cun 5/7, 7/6 e 7/5; mentres que entre os federados David Cao (CT Coruña) se impoñía con claridade a Daniel de Pablo (CT Caja Mágica de Madrid) por un 6/3 e 6/0.

Agradecementos
O club agradece ao Concello a cesión das instalacións do complexo deportivo da Madalena, aos distintos alcaldes e concelleiros de deportes por “ter presente este deporte minoritario no seu proxecto deportivo para Vilalba”. O director deportivo do club, Paulino Fernández, agradece tamén a colaboración desinteresada das distintas directivas e socios do Club de Tenis Vilalbés” recordando, especialmente, a Juan José González Osorio.