O I Torneo San Ramón de Pádel reunía a 160 participantes en cinco categorías

TerraChaXa
O Torneo San Ramón de Pádel botaba a andar na súa primeira edición trala recente creación do Club de Pádel Vilalba que lograba reunir nesta cita a un total de 160 persoas maioritariamente de Vilalba, pero tamén doutras localidades da provincia –e integrantes doutros clubs de zonas próximas- ou mesmo doutros lugares de Galicia.
final torneopadel
20 Aug 2017

Entre o martes 15 de agosto e o sábado 19 disputábanse os partidos das fases eliminatorias e finais de cinco categorías: cuarta masculina, terceira masculina, segunda masculina, feminina e mixta.

Os gañadores e gañadoras fixéronse con material deportivo de pádel -pás, bolas, grips ou roupa-. Trala entrega de agasallos, os e as participantes disfrutaron duns aperitivos entre “rivais na pista e amigos fóra dela”.

Club de Pádel Vilalba
O novo club nacía da man de cinco amigos que integran a directiva aos que se sumaron outros “amigos e coñecidos de fai moitos anos” ata chegar á vintena de xogadores. Con todo, xurdía trala apertura de Indoor Vilalba, unha empresa vilalbesa dedicada con pistas específicas para a práctica deste deporte.

O obxectivo do club pasa por participar tanto nas series nacionais de pádel coma na Liga federada galega.

0.16312217712402