Vilalba recupera o “cine de verán” con catro proxeccións esta semana na Praza de Santa María

Praza de Santa María (Vilalba).

Praza de Santa María (Vilalba).

A praza de Santa María será o escenario da recuperación das sesións de cine ao aire libre que se viñan celebrando coincidindo coas festas de San Ramón e Santa María.

As sesións de proxeccións cinematográficas, con asentos que se instalarán na propia praza, desenvolveranse do luns 21 ao xoves 24 de agosto a partir das dez menos cuarto da noite tras un cambio de horario debido a “motivos de luminosidade”.

O primeiro filme que se proxectará será ‘El libro de la selva’, dirixido a tódolos públicos, para deixar paso a ‘El puente de los espías’, protagonizada por Tom Hanks e non recomendada para menores de 12 anos. De novo para tódalas idades se ofrecerá unha sesión o mércores 23 con ‘Zootrópolis’ para pechar coa nomeada a catro premios Óscar ‘La habitación’ pola que Brie Larson gañaba o Globo de Ouro como mellor actriz. Neste caso tampouco é recomendada para menores de 12 anos.

Etiquetas