Muimenta entrega os premios do XIV Concurso de Tapas

A directiva da Asociación de Empresarios e os responsables dos locais participantes xunto ás premiadas no sorteo de vales de compra.

A directiva da Asociación de Empresarios e os responsables dos locais participantes xunto ás premiadas no sorteo de vales de compra.

Marisa Pillado –veciña de Barcelona, pero natural de Muimenta-, Esther López –de Muimenta- e Vanesa Lamas – de Cospeito- recibían este mércores 23 de agosto os vales de compra por valor de 75 euros cada un para gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta ata o vindeiro 23 de setembro como gañadoras do sorteo realizado entre os 424 participantes que completaban a ruta do XIV Concurso de Tapas de Muimenta.

Foi no transcurso da entrega de premios no que a directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta facía entrega dos diplomas ao gañador, o Asador O Cabuxo, e aos restantes locais participantes nesta edición de verán que lograba servir 1.767 tapas, o Bar Alvariño e Restaurante Anllo.

Etiquetas