A Xira, a gran cita previa aos días dos patróns en Vilalba

Xuntanzas, xantares, merendas e moita festa. Así se presenta un ano máis a xira de Vilalba para a que a comisión de festas ten prevista unha sesión vermú o sábado 26 de agosto amenizada pola orquestra “Son D´Vigo” e o grupo “Zeltia” a partir das dúas do mediodía.

A Charanga de Vilalba volverá a poñer música ás sete da tarde para deixar paso á verbena ás dez e media da noite de novo coa orquestra “Son D’Vigo” e o grupo “Zeltia”.

E o grupo Fénix será o encargado de poñer música e amenizar a sesión vermú do domingo 27 a partir da unha e media e a verbena a partir das dez e media da noite.

Fútbol
O R.C. Villalbés e o C.D. Boiro disputarán o partido da segunda xornada da Terceira División de fútbol o domingo 27 de agosto a partir das seis e media da tarde, despois de cambiar a data prevista inicialmente para o sábado 26 ás seis.

Etiquetas