Máis de 1.000 persoas na XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba

Representantes da Xunta participaron tamén na XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba.

Representantes da Xunta participaron tamén na XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba.

A XXIV Festa da Bicicleta de Vilalba, organizada polo Centro Xuventude da Xunta de Galicia, reunía este martes 29 de agosto a máis de 1.000 veciños e veciñas de todas as idades que participaron un ano máis neste arraigado evento con saída e chegada na praza da Constitución do municipio acompañados da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

Cecilia Vázquez salientou o carácter senlleiro e interxeracional desta festa que “fomenta o deporte na rúa e a vida saudable, ademais de propiciar que a xente nova, os pequenos e os maiores compartan valores, actitudes, respecto e espírito de equipo”. Así mesmo, a directora xeral referiuse ao feito de que se trata dun evento solidario, xa que os participantes doan alimentos que son entregados ao banco de alimentos para a súa xestión.

Etiquetas