Skip to main content
A PastorizaActualidadeSociedade

Bretoña non esquece a festa do 8 de setembro

Por 30 Agosto, 2017Sin comentarios

Tralas festas de agosto, Bretoña honra á súa patroa Santa María o 8 de setembro. Desta volta, e como vén sendo habitual, será cunha festa e xantar campestre.

A programación comeza á unha e media do mediodía cunha misa seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trova. Posteriormente, baixo unha carpa desenvolverase un xantar campestre a partir das tres e media da tarde para o que os asistentes se deben inscribir previamente para reservar espazo. Pero, ademais das merendas, Rochela tamén servirá un menú a base de paella, pulpo con cachelos, churrasco, sobremesa, café e bebidas por un prezo de 20 euros. Neste caso, será necesario adquirir previamente as tarxetas. Con todo, tamén haberá a posibilidade de adquirir racións do menú por parte dos asistentes.

Xa pola tarde a festa continuará con xogos populares a cargo de Vingolea Animación e a actuación do trío Maracuyá que amenizará as merendas. Tamén se sorteará a comisión de festas do vindeiro ano 2018 e algúns agasallos para os que a comisión venderá rifas.

A xornada rematará cunha verbena a cargo da orquestra Trova e o trío Maracuyá.