Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

O 31 de agosto, día do patrón San Ramón dedicado ao traxe rexional en Vilalba

Por 30 Agosto, 2017Sin comentarios

O día de San Ramón, 31 de agosto, é o día das festas patronais de Vilalba dedicado ao traxe rexional.

Así, raíñas e damas de honra e os membros dos grupos tradicionais que participan tanto nos pasarrúas coma na procesión, visten cadansúa versión do traxe rexional galego.

A xornada comezará arredor das dez e media da mañá con pasarrúas a cargo da banda de gaitas Mato Vizoso e a agrupación Entre lusco e fusco acompañados dos cabezudos.

Procesion na honra a San Ramón nas patronais de Vilalba.

E ás doce do mediodía, na Igrexa de Santa María, ofrecerase a misa solemne na honra ao patrón, cantada pola “Coral Polifónica Vilalbesa” para deixar paso á procesión presidida polas raíñas das festas e damas de honra e autoridades acompañadas polos sons da Banda de Música de Vilalba e as agrupacións Banda de Gaitas Mato Vizoso e Entre lusco e fusco.

A festa volverá coa orquestra Montreal ás dúas da tarde.

E de novo ás oito do serán, no templete da Praza da Constitución, a Banda de Música de Vilalba volverá ofrecer un concerto.

Verbena coa orquestra Olympus
Será de novo a orquestra Montreal a que ofreza animación musical durante a verbena a partir das dez e media da noite. Tamén participará a orquestra Olympus. E á medionoite haberá un espectáculo de fogos de artificio.