Skip to main content
ActualidadeCospeitoSociedade

As parodias de Páramo Pictures, nas festas de Bestar e Ponte Vilar

Por 1 Setembro, 2017Sin comentarios

Bestar e Ponte Vilar celebran as festas baixo unha carpa na honra a Santa Lucía entre o 2 e o 3 de setembro.
Ambos días haberá pasarrúas – a cargo da charanga Maloserá (Guntín) o sábado e do grupo de gaitas Os Valuros (Castro de Rei), o domingo- para deixar paso á misa solemne á unha e media do mediodía.

A sesión vermú do sábado será amenizada pola orquestra Costa Dorada que interpretará as parodias de Dani Moreiras -Páramo Pictures- de “Préndeme o boi”, “A Bertolina”, “Tira cos valados” ou “Alcolitos”, entre outras. Pola noite, arredor das once e media, comezará a verbena coa mesma orquestra acompañada do grupo D’Nika Music.

O domingo a música correrá a cargo da orquestra Alaska coa recanteira de Lugo Sur 15-16, Lorena Guerra, tanto na sesión vermú coma na verbena.