Música de Narón, Zaragoza e Vilalba no XIII Festival Pepe Guntín

Banda de Música de Vilalba.

Banda de Música de Vilalba.

A Banda de Vilalba, dende a súa creación, participa nas festas de San Ramón e Santa María tocando nos actos do día 30, a clausura do Certame Literario e pregón das Festas; e tamén nos do día 31 acompañando ás damas e autoridades á misa polo patrón e na posterior procesión.

Tamén ofrecen dende entón o tradicional concerto do día de San Ramón, “a excepción duns tres anos”, segundo recorda a presidenta da asociación cultural Banda de Música de Vilalba, Alejandra Vázquez.

Pero, dende fai algúns anos, tamén celebran o Festival de Bandas de Música Pepe Guntín no marco das festas. O sábado 2 de setembro a partir das oito e media do serán celébrase a décimo terceira edición homenaxeando ao músico vilalbés que exercera como director da Banda de Música de Vilalba nos seus primeiros anos trala súa creación en 1991.

Este ano o festival conta coa participación da Xove Banda de Narón e a Banda de Música de Tauste (Zaragoza), ademais da anfitrioa, que ofrecerán no auditorio municipal Carmen Estévez cada unha das agrupacións a interpretación de tres obras: un pasodobre e dúas obras de estilo libre.

E, para pechar o acto, as tres bandas interpretarán xuntas unha obra galega.

Sesión vermú, pasarrúas e verbena
O sábado 2 de setembro tamén haberá sesión vermú e verbena en Vilalba. A orquestra Anduriña animará a sesión vermú a partir das dúas do mediodía e repetirá á noite xunto a Pasarela a partir das dez e media da noite para ofrecer un gran verbena na praza da Constitución. Ademais, pola tarde, a iso das sete da tarde a Banda de Gaitas Mato Vizoso ofrecerá un pasarrúas.

Etiquetas