A XIV Comida dos Maiores de Xermade reivindica “o seu importante papel na sociedade”

Autoridades presentes na XIV Comida dos Maiores de Xermade.

Autoridades presentes na XIV Comida dos Maiores de Xermade.

A XIV Comida dos Maiores de Xermade desenvolvíase no pavillón municipal este venres 1 de setembro coa presenza de autoridades. A maiores do alcalde, Roberto García Pernas, e algúns concelleiros da corporación municipal tamén participaba o deputado de Turismo, Eduardo Baamonde, e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, que destacou “o importante papel que xogan os maiores na sociedade”.

Así mesmo, a directora xeral referiuse aos múltiples servizos que o departamento autonómico pon a disposición das persoas maiores para fomentar tanto o envellecemento activo como os hábitos de vida saudables, lembrando que a Xunta está a desenvolver da man das entidades sociais e dos propios colectivos de maiores a Estratexia Galega de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020, que constitúe o marco de actuación co que dar resposta ás novas necesidades asociadas ao aumento da esperanza de vida en Galicia.

Etiquetas