As FeAs prepara o Festival ‘De volta a Ítaca’ en beneficio da casa natal de Díaz Castro

As FeAs, Federación de asociacións lucenses, prepara un festival para axudar a recadar fondos para converter a casa natal de Díaz Castro na Casa da Xente, un lugar de dinamización e cultura referente para todas as asociacións que o desexen.

Así, Castro de Rei acollerá o Festival ‘De volta a Ítaca’ o sábado 30 de setembro que contará con diversas actividades nunha xornada de convivencia que comezará cunha sesión vermú antes do xantar e que, pola tarde, contará con xogos tradicionais, teatro, maxia, poxa de obras de arte, intervencións poéticas, poesía musicada e concertos antes de rematar cunha foliada aberta.

Etiquetas