Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

Feira e festa o domingo 3 de setembro para pechar as patronais vilalbesas

Por 3 Setembro, 2017Sin comentarios

E faino seguinte a tradición dos pasarrúas con música tradicional da man de Buxos Verdes e Entre lusco e fusco a partir das dez e media da mañá animando a rúa acompañados dos cabezudos.

Tamén ás doce do mediodía, coma o día de San Ramón e Santa María, celebrarase unha misa na igrexa parroquial seguida dunha ofrenda que este ano correrá a cargo da parroquia de Ladra.

A continuación, desenvolverase unha procesión presidida polas raíñas das festas e as damas de honra, as autoridades, os veciños de Ladra e a comisión de festas.

Arredor das dúas do mediodía a orquestra Versión Original será a encargada de animar a sesión vermú.
Pola tarde, a iso das sete, baixo a organización do Concello, a Rondalla Club de Campo de Ferrol ofrecerá unha actuación no templete da praza da Constitución.

E de novo a orquestra Versión Original ofrecerá unha gran verbena coa que pechan as festas patronais vilalbesas deste ano 2017 no que se recuperaba o cine na rúa, volvían saír os cabezudos acompañando aos grupos de música tradicional vilalbeses nos seus pasarrúas. E a Banda de Música de Vlalba, ademais de participar noutros actos, organiza o XII Festival Pepe Guntín coincidindo coas festas.

Tamén se mantiveron os xa consolidados días infantís, día da bici, as simultáneas de xadrez entre outros eventos deportivos ao longo das festas organizados polos distintos clubs vilalbeses.

Judo
E a partir das dez da mañá, novidoso torneo triangular de equipos junior de judo no pavillón municipal organizado pola escola municipal que agarda a un cento de participantes.