Fútbol en Santaballa con Touriñán e Marcos Pereiro con fins benéficos

O campo de fútbol de “A Liga” de Santaballa acollerá o sábado 16 de setembro a partir das doce e media da mañá un encontro benéfico. A proposta dos Amigos da Liga Santaballesa conta coa colaboración de Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro que capitanearán o Ardebullo CF con ex xogadores do Depor e do Celta ademais doutros amigos para enfrontarse á Liga Santaballesa CF.

O prezo da entrada será de 10 euros. A totalidade do importe recadado será destinado, a partes iguais, a Médicos Sin Fronteras e Cruz Vermella.

Etiquetas