Remata o prazo solicitude para as axudas de cultura de máis de 300.000 euros do Goberno da Deputación

O prazo de solicitude para as axudas de máis de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses, e para a promoción da artesanía remata este venres 8 de setembro. Trátanse das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia, e tamén para a realización de actividades de promoción da artesanía, que o Goberno da Deputación ofrece para o 2017.

Na www.deputacionlugo.gal, hai un banner habilitado con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas axudas. O prazo de solicitude, para ámbalas dúas convocatorias remata mañá venres, 8 de setembro.

Subvencións concorrencia competitiva
As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas de entre 300 e 3.000 euros para a realización de actividades culturais no 2017. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; para potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia, e o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.

Axudas para promocionar a artesanía
Por primeira vez o Goberno da Deputación ofrece axudas, destinadas ás asociacións, para a realización de actividades de promoción da artesanía lucense. As liñas de actuación desta programación contempla tres apartados: cursos de disciplinas artesanais; demostracións en vivo sobre os diferentes oficios artesanais, e para a organización e desenvolvemento de eventos de promoción e difusión da artesanía. As axudas que conceda o organismo provincial terán un importe mínimo de 300 euros e máximo de 1.000 euros.

Baremos sociais
Nestas dúas convocatorias, primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.

Etiquetas