Motorista ferido en Cospeito

En Cospeito, á primeira hora deste mércores, sobre as 07:00 horas o CIAE era informado dun choque entre un turismo e unha moto, ao redor do punto quilométrico 12 da LU-111. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, solicitaba asistencia sanitaria para o motorista.

Así, decontado, os profesionais do CIAE pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e o servizo de mantemento da estrada foron informados do accidente polo 112 Galicia.

Etiquetas