Atrapados unha muller e un bebé tras sufrir un accidente en Torneiros

Unha muller mailo seu bebé tiveron que ser rescatados do interior do seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico, en Pol. O coche envorcou cando circulaban polo quilómetro 61 da N-640, á altura de Torneiros.

Foi a propia muller a que chamou ao 112 Galicia ás doce e media do mediodía para dar a voz de alarma. Segundo indicou, aparentemente nin ela nin o meniño resultaran feridos, pero precisaban axuda para poder saír do turismo.

Dende o CIAE do 112 alertouse ao GES da Pontenova e a Protección Civil. Ademais, tamén se informou ao 061-Urxencias Sanitarias.

Etiquetas