Skip to main content
AbadínActualidadeBreves

Arde por completo unha furgoneta en Abadín

Por 16 Setembro, 2017Sin comentarios

Unha furgoneta resultou calcinada por completo en Abadín. O incendio declarouse esta mañanciña, contra as oito menos vinte da mañá.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta da situación. Indicou que os feitos estaban tendo lugar no quilómetro 30 da LU-113.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico.

O lume xa quedou sufocado. Ningunha persoa resultou afectada.