Xermolos e a ANPA poñen en marcha unha Escola de Música Tradicional en Lagostelle

A ANPA Lagostelle e a Asociación Cultural Xermolos poñen en marcha a Escola de Música Tradicional no centro con clases de baile, pandeireta e canto tradicional.

As clases desenvolveranse os luns en horario a escoller de catro a cinco e media da tarde ou dende as sete e media da tarde ás nove do serán, en función da preferencia das persoas matriculadas, que tamén incidirá no prezo da actividade que oscilará entre o 15 e os 20 euros ao mes.

As entidades impulsoras pretenden poñer en marcha as clases a comezos de outubro.

As persoas interesdas pódense inscribir no teléfono 608 589 012.

Etiquetas