O boneco “Filiberto” agarda en Muimenta pola liña cara a Lugo

O "señor Filiberto" agarda pola liña entre Muimenta e Lugo.

O “señor Filiberto” agarda pola liña entre Muimenta e Lugo.

As reclamacións dos veciños e veciñas de Muimenta sobre a recuperación do servizo de transporte público entre a localidade e a capital da provincia nos mesmos horarios que se viña desenvolvendo ata o 7 de agosto continúan.

Tras manter unha reunión co delegado territorial da Xunta da que non obtiveron “nada”, agora é “o señor Filiberto” -como bautizaron ao boneco- o que se planta ante a parada do bus na praza maior de Muimenta esperando pola liña que o leve á cidade de Lugo.

Este “veciño” de Muimenta comunicoulles aos seus conveciños que “non ía cansar de esperar polo bus”, mentres que os veciños e veciñas lle aseguraron que “non imos cansar ata recuperar os servizos de liñas que nos levaban e traían de Lugo”.

Etiquetas