O Goberno da Deputación aproba axudas de 470.000 euros para clubs lucenses de 1ª e 2ª División Nacional

O Executivo da Deputación aprobou hoxe en Xunta de Goberno novas axudas de 470.000 euros para clubs lucenses de Primeira e Segunda División Nacional. “Trátanse das axudas dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. Estas últimas son o CD Lugo e o CB Breogán coas que, como na pasada anualidade, se asinará un contrato de patrocinio, beneficioso tanto para os clubs como para o conxunto da provincia”, explicou Santos Ramos.

O Voceiro do Goberno Provincial subliñou que “hoxe aprobamos as bases que rexerán a concesión destas axudas, ás que poden concorrer o Burela FS Pescados Rubén, o Prone Lugo FS, o CB Durán Maquinaria Ensino, o CV Emevé e o Perruquería Mixta Friol. Estas bases, que incorporan criterios obxectivos e sociais, publicaranse previsiblemente a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia. O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación no BOP”.

Fomento do deporte base e feminino
Os beneficiarios das axudas de concorrencia non competitiva, poderán solicitar un anticipo do 80%, e, como novidade, os clubs poderán destinar ata un 30% da axuda á financiar gastos federativos, ou de transporte das categorías inferiores. “Todo isto dentro da nosa aposta por potenciar e colaborar co deporte base”, explicou Santos Ramos.

Criterios obxectivos e sociais
As bases que rexen a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva incorporan criterios obxectivos e sociais á hora de conceder as axudas. Deste xeito, para concretar a contía da subvención introdúcense algunhas pautas como os anos de historia do club. Tamén se valora a actividade social que desenvolve na provincia, co fin de ir máis aló do estritamente deportivo. Outro dos puntos fortes ten que ver co apoio ao deporte de base, o que supón unha petición expresa dos propios clubs, premiando ás entidades que fomenten o deporte entre os máis pequenos.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: