Skip to main content
Actualidade

O Goberno da Deputación terá en conta a opinión cidadá sobre os bancos na selección dos depositarios dos fondos públicos

Por 22 Setembro, 2017Sin comentarios

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno o inicio do proceso de selección de entidades de crédito nas que ingresar 16 millóns de euros de fluxos de tesourería, que son fondos provinciais comprometidos para a súa execución, para que xeren intereses ao deixar de estar nunha conta corrente, beneficiando, deste xeito, a todos os lucenses debido ao incremento dous seus fondos públicos no organismo provincial.

O Goberno da Deputación incorporou novas cláusulas sociais neste proceso, pois por primeira vez valorarase, favorablemente, o grao de satisfacción dos usuarios nas reclamacións feitas por preferentes ou cláusulas solo.

Tamén primará o tipo de interese, que non poderá ser inferior do 0,05%, na procura de acadar os maiores beneficios posibles para os lucenses.

As entidades de crédito que poderán optar a esta proceso son bancos, caixas, cooperativas de crédito, así como institutos de crédito oficial.