Armando Requeixo recibe o XXII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

Armando Requeixo. Foto: Marcos Candia.

Armando Requeixo. Foto: Marcos Candia.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no recinto feiral da Estrada na entrega do XXII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ao xornalista cultural e crítico literario Armando Requeixo Cuba. O acto celebrouse no marco da XXXI Feira do Moble de Galicia, que se prolongará no concello pontevedrés ata o próximo 24 de setembro.

Valentín García expresou a súa satisfacción por este recoñecemento a quen é secretario e investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística e valorou “os fondos coñecementos literarios de Armando, que lle permiten extraer da historia da literatura galega e universal tanto datos relevantes como curiosidades varias que, aderezados de fino humor, provocan o sorriso divertido do lector e espertan o seu interese polos escritores e obras mencionados nos seus artigos”.

A entrega do premio -na que actuou como mantedor o director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle-, estivo presidida polo alcalde da Estrada, José López Campos, e nela interveu tamén o gañador desta XXII edición. Estivo precedido por unha ofrenda floral a Manuel Reimóndez Portela a cargo de María Jesusa Fernández Bascuas.

Premio ao xornalismo en galego
Co Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela o Concello da Estrada réndelle homenaxe ao médico, escritor e alcalde cuxo nome leva o galardón e recoñece cada ano un traballo ou unha serie de traballos publicados en galego nun medio de comunicación escrito.
Nesta XXII edición, o galardón recaeu en cinco artigos do mindoniense Armando Requeixo Cuba publicados no suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo: Rosalía voa alto, Palabras para o Alén, Lingua Zombi, Cando iso non pode pasar aquí e De rosas e letras.

Desde a súa primeira edición, en 1996, recibiron tamén o premio os seguintes autores: Olimpio Arca Caldas; Francisco Ricardo Franco Martínez; Rubén Valverde Alonso; Francisco Castro Veloso; Antón López, Rosa Gómez e Soedade Noia; Francisco Rozados Rivas; Xerardo Neira Pereira; Miguel Anxo Fernán Vello; Ruth Fernández Fernández; Santiago Jaureguízar; Francisco Fernández Rei, Vicente Araguas; Manuel Suárez Suárez; Xosé Neira Vilas; Xosé María Lema Suárez; Juan Luis Blanco Valdés; Héitor Picallo; Xosé Luna Sanmartín; José Manuel Bértolo e Luís M. Ferro; Ramón Vilar Landeira e Raquel C. Pico.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: