O Centro da Xuventude de Vilalba impulsa ata 11 actividades para o curso 17/18

O Centro da Xuventude de Vilalba, dependente da Consellería de Política Social, prepara varios cursos e xornadas para este outono – inverno dirixidos, fundamentalmente, á mocidade aínda que serán abertos á participación de todas as persoas interesadas.

Trátase de Zumba fitness, Pilates, Pont’Andar, aerobic, pintura, debuxo, fotografía dixital, artes plásticas, taller de coiro, xornadas de cociña e escola de xadrez.

O prazo de inscrición remata o venres 29 de setembro; pero, tralo inicio dos cursos, continuaranse recollendo solicitudes durante todo o curso para as distintas actividades.

As persoas interesadas poden contactar co Centro da Xuventude no teléfono 982 82 83 40 en horario de tarde.

Etiquetas