Un incendio nun garaxe en Vilalba provoca danos materiais

Un incendio rexistrado esta noite nun garaxe en Vilalba provocou danos materiais. O lume, que se orixinou nun forno, calcinou por completo os aveños que se almacenaban no interior do garaxe, cuxa estrutura viuse afectada e caeu o teito. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os bombeiros da localidade sacaron ao exterior un vehículo e non chegou a arder.

O 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través do aviso dun particular ás 0:47 horas.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Vilalba, á Policía Local e a Protección Civil.

Etiquetas