A Casa Habanera convértese nunha “Escola de Familias” en Guitiriz

A concellería de Benestar Social do Concello de Guitiriz pon en marcha a escola de familias para o curso 2017/2018 con sesións destinadas a todo o público en xeral: avós, avoas, pais, nais, fillos e fillas, netos e netas, tíos e tías, etc…

As sesións do primeiro trimestre darán comezo este luns 25 de setembro abordando a “Educación emocional” ás sete da tarde na Casa Habanera. E de cara aos vindeiros meses abordarase o acoso escolar -o luns 16 de outubro-, avós e avoas coidadoras -o luns 30 de outubro-, “educando en igualdade” – o luns 20 de novembro- e “educando na sexualidade dende a infancia” – o luns 11 de decembro-.

A escola de familias ten como finalidade propiciar espacios de reflexión sobre situacións cotiás e diferentes xeitos de educar, favorecer a comunicación do grupo familiar coa contorna e xeración de redes sociais, dotar a pais e nais de recursos e habilidades
que posibiliten un crecemento integral dos fillos e do grupo familiar, detectar o antes posible as problemáticas do grupo familiar ou dalgún dos seus membros e promover a participación consciente e activa dos membros do grupo no proceso de ensinanza – aprendizaxe desde os distintos roles.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: