Amigos do Miño móllanse polo río nunha xornada de limpeza

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño, da Ponte de Outeiro, colabora coa iniciativa de ADEGA organizada por Proxecto Ríos: “Móllate polos ríos”. Trátase da X Limpeza Simultánea de ríos que se desenvolverá en distintas partes de Galicia o vindeiro domingo 1 de outubro.

As xornadas de limpeza do río Miño servirá para recoller restos sólidos (lixo) nos coutos de Castro de Rei e a Terra Chá.

O programa dará inicio ás oito e media da mañá coa concentración de voluntarios no bar Alvariño (Muimenta) e a saída cara ao río ás nove menos cuarto da mañá. O regreso está previsto para a unha do mediodía e o xantar gratuíto para as dúas.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 678 500 748.

Etiquetas