O Concello de Rábade convoca axudas para o inicio do curso escolar

O Concello de Rábade impulsa un programa de axudas ao inicio do curso escolar 2017/2018 dirixidas a cubrir os gastos derivados da compra de libros de texto e outro material escolar, así coma roupa e calzado para a ensinanza obrigatoria e infantil que non cubran as axudas autonómicas.

O prazo de solicitude pecha o 3 de outubro. En calquera caso, os requisitos imprescindibles para optar a estas axudas son os de estar empadroado no Concello de Rábade cunha antigüidade superior aos tres meses cun menor cursando ensino infantil ou obrigatorio e non superar os 5.000 euros -ou 6.500 no caso de familias monoparentais- de renda per cápita por cada membro da unidade familiar. O Concello establece condicións especiais para familias nas que algún membro sufra algún tipo de discapacidade. Nese caso, poderanse consultar no departamento de servizos sociais.

As persoas interesadas en formalizar a súa solicitude deben presentar o libro de familia, a declaración da renda ou o certificado negativo de Facenda do ano 2016, declaración xurada de patrimonio, recibo de alugueiro de vivenda ou do pagamento de vivenda propia -no seu caso-; ademais de nóminas, certificados de pensións, etc no caso de solicitar a valoración económica de 2017.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: