Skip to main content
ActualidadeSociedadeVilalba

O IESCHA prepara a X Ruta por Galicia adiante que levará aos participantes a Ribadumia e Meis

Por 24 Setembro, 2017Sin comentarios

O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenvolvemento do programa de actividades do ano 2017, organiza para o domingo, día 22 de outubro, a X Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de… RIBADUMIA E MEIS (Pontevedra)-RUTA DA PEDRA E DA AUGA. BARRANTES-ARMENTEIRA.

A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as oito da mañá do domingo 22 de outubro de 2017. A chegada ao lugar de saída da ruta (Barrantes) está prevista para as dez da mañá e ás dúas do mediodía, o seu remate (en Armenteira). A comida desenvolverase nun furancho de Meaño ás tres da tarde e ás cinco e media contémplase unha visita programada ao mosteiro de Armenteira.

O custo por participante fixouse en 25 euros (inclúe comida e autobús), mentres que os menores acompañados pagarán 5 euros.

As persoas interesadas en participar na ruta poderán inscribirse, como máximo ata o 13 de outubro, nos teléfonos 686 451 501 ou 651 361 628, comunicándoo directamente a calquera membro da Xunta Directiva ou enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA estudoschairegos@gmail.com.