Skip to main content
ActualidadeSociedadeXermade

Unha fotografía da ruta do Batán de Folgoso e outra dunha campá gañan o II Concurso #xermadeenfotos

Por 26 Setembro, 2017Sin comentarios
Sendeiro natural Ruta do Batán de Folgoso

Sendeiro natural Ruta do Batán de Folgoso.

A fotografía do sendeiro natural “Ruta do Batán de Folgoso” fíxose co primeiro premio do xurado do II Concurso de Fotografía Dixital Xermade en Fotos por diante de “Harmonía de espíritu”.

O premio do público recae na “campá ao solpor” e “elenco de soños”.

III Concurso de Fotografía Dixital – O outono en Xermade
O Concello de Xermade, a través da concellería de Xuventude e Educación, convoca un novo concurso de fotografía dixital co obxectivo de dar a coñecer os atractivos do concello e que reflicta as múltiples sensacións que se poden ter neste municipio.

As fotografías deben amosar os recursos patrimoniais do municipio (naturais e paisaxísticos, agrogandeiros, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc.) dun xeito atractivo e de gran calidade técnica e artística.
Nesta ocasión, as fotografías teñen que ser actuais, desta época do ano, o outono.

Cada persoa participante poderá presentar un máximo de catro fotografías. A duración do concurso estenderase dende o 26 de setembro ata o 21 de decembro. As bases do concurso atópanse no portal www.xermadeenfotos.org -onde tamén se poden subir as fotografías do concurso-. A ligazón tamén está dispoñible na páxina web do Concello de Xermade: www.xermade.org.