Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Máis de 1.000 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación

Por 27 Setembro, 2017Sin comentarios
Argelio Fernández prensetaba as actividades medioambientais deste trimestre

Argelio Fernández prensetaba as actividades medioambientais deste trimestre

O deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 1.000 persoas de todas as idades para os meses de outubro, novembro e decembro. Trátase das novas actividades do cuarto trimestre dos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses. Ademais como novidade este ano haberá 3 roteiros, organizados conxuntamente con ADEGA, que van percorrer a costa de Xove, as terras de Chantada e a serra do Farelo en Antas de Ulla. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.

Fernández Queipo remarcou que “esta nova programación está relacionada coa estación do outono, por iso organizamos dous cursos de micoloxía, un de iniciación e outro mais avanzado. Tamén haberá un obradoiro sobre a planificación do horto en outono e inverno, no que se tratarán ás prácticas que convén poñer en marcha nesta época do ano, ademais de roteiros en colaboración con ADEGA, así como obradoiros de fabricación artesanal de queixo fresco ou sobre plantas aromáticas na cociña .”

O Deputado avanzou que outra das novidades será un curso para profesores sobre a eduación na biodiversidade. “Esta actividade quere implicar aos docentes, xa que xuntos coas familias, son os auténticos formadores dos futuros adultos que van ter a responsabilidade de conservar e protexer o noso medio ambiente. Ademais quero subliñar que dende o C.I Terras do Miño temos abertas as portas a todos os centros educativos cunha oferta de visitas, na que se inclúen talleres, empregando diverso material didáctico, tanto para os profesores como para os nenos”, explicou.

Programación de actividades
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 30 actividades nas que poderán participar máis de 1.000 persoas de todas as idades. A programación é a seguinte:

Outubro
14 de outubro.- Paseo botánico pola Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, Ruta do Campus, nun horario de 11:00 a 14:00 horas. Hai un total de 30 prazas. Saída dende a cafetería As Pedreiras.

17, 18, 19, 20, 21 de outubro.- Curso de iniciación á micoloxía, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. Agás o día 21 que será dende ás 10:30 a 14:00. Hai un total de 70 prazas. Celebrase no Salón de actos da Deputación.

23, 24, 25 e 28 de outubro .- Curso de micoloxía, nivel II , nun horario de 19:30 a 21:00 horas, agás o día 28 que será dende ás 10:30 a 14:00 horas. Hai un total de 70 prazas. Celebrase no Salón de actos da Deputación.

26 e 28 de outubro.- Planificación do horto outono-inverno. O día 26 cun horario de 19:00 a 21:00 horas, e o 28 cun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 24 prazas. Centro de Interpretación Terras do Miño.

Centro de Interpretación Terras do Miño
Novembro
4 de novembro.- Modulo IV de creación de invertebrados e peixes, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

11 de novembro.- Coñencendo e coidando as plantas do noso xardín dunha forma natural, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

16 de novembro.- Conferencia “Efectos das practicas agrícolas sobre a conservación da bioversidade no noroeste español” , nun horario de 19:00 a 21:00 horas. Hai un total de 40 prazas.

18 de novembro.- Maridaxe de queixos galegos e cervexas artesás, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

24 e 25 de novembro.- Taller arte de biodiversidade, o día 24 cun horario de 16:00 a 20:00 horas, e o día 25 nun horario de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas. Curso para profesores. Hai un total de 25 prazas.

Decembro
14 de decembro.- Conferencia “Ornitofauna acuatica dos humedais da Reserva “Terras do Miño”. Diversidade e retos de conservación. Nun horario de 19:00 a 20:00 horas.

16 de decembro.- Favorecemento de poboacións silvestres de insectos e doutros grupos animais na contorna rural e urbana, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

25, 26, 27, 28, 29 de decembro.- Talleres de divulgación e educación ambiental, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Actividades da Casa das Insuas (Rábade)
Estas actividades están abertas ata completar aforo de 20 persoas.

Outubro
7 de outubro.- Xornada de reboco de barro, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.

14 de outubro.- Os montes veciñais e a conservación da natureza, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

14 de outubro .- Curso de ilustración da natureza (primeira sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

21 de outubro.- Xornada de caixas niño para aves, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

Novembro
4 de novembro.- Curso de ilustración da natureza (segunda sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

4 de novembro.- Xestión e conservación dos prados tradicionais, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.

18 de novembro.- Xornada de construción de refuxios de fauna e outras estruturas, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

19 de novembro.- Obradoiro de mosaicos, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

Decembro
2 de decembro.- Curso de ilustración da natureza (terceira sesión), nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.

16 de decembro.- Saída ao campo para a observación de aves, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.

26 de decembro.- Campamento de nadal, nun horario dende ás 11:00 a 13:30 horas.

Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes (Reserva da Biosfera os Ancares Lucenses)
Navia de Suarna, acollerá varias actividades que se impartirán na Escola de Barcia:
14 de outubro.- Obradoiro de fabricación artesanal de queixo fresco, nun horario de 16:00 a 19:00 horas.
15 de outubro.- Obradoiro de fabricación artesanal de queixo fresco, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.
8 de novembro.- Obradoiro sobre plantas aromáticas na cociña, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.

Becerreá, realizará dúas actividades que se impartirán no centro de Servizos Sociais:
10 de outubro.- Conferencia de iniciación a micoloxía, nun horario de 19:30 a 21:00 horas.
28 de decembro.- Obradoiro de consumo responsable, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.

Cervantes, desfrutará de dúas actividades no Local de usos múltiples en San Roman de Cervantes:
7 de outubro.-Curso de iniciación a micoloxía, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
14 de decembro.- Iniciación á poda, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

Roteiros en colaboración con ADEGA, poderán participar un máximo 50 persoas. O punto de saída destas tres actividades será a Facultade do Profesorado de Lugo.
22 de outubro.- “En Xove: de Castro da Vela á praia de Esteiro”.
19 de novembro.- “En Chantada: viaxe ao país dos carballos sagrados”.
17 de novembro.- “En Antas de Ulla: de Serra do Farelo a río Ulla”.