Skip to main content
ActualidadeBrevesGuitirizSociedade

O Concello de Guitiriz forma no uso do desfibrilador semi automático

Por 27 Setembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Guitiriz impulsa un curso inicial de Desfibrilador Semi automático (DESA) que impartirán instrutores do CERCP (Consejo Español de Resucitación Cardiopulmonar).

Trátase dunha titulación oficial de ámbito europeo segundo o Real Decreto 38/2017 de 23 de marzo da Xunta de Galicia. O curso desenvolverase o sábado 11 de novembro entre as nove da mañá e as tres da tarde na Casa Habanera de Guitiriz.

O prezo é de 80 euros e as prazas, limitadas. As mesmas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición no Concello.