A Escola Municipal de Teatro de Vilalba abre as inscricións para o curso 17/18

A Escola Municipal de Teatro abre o prazo de inscrición do novo curso 2017/2018 entre o luns 2 e o venres 13 de outubro de 2017.

As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de cultura en horario de nove da mañá a tres da tarde por 60 euros no caso dos maiores de 11 anos e por 30 euros no caso dos nenos e nenas de entre 6 e 11 anos, é dicir, nacidos entre o 2001 e o 2206.

A data de presentación dos grupos establécese para o luns 16 de outubr no auditorio Carmen Estévez: a partir das seis será a quenda do grupo infantil; a partir das sete, do xuvenil -para rapaces e rapazas de entre 11 e 16 anos; e para os adultos, a partir das oito do serán.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: