Cantigas e Agarimos achega a Vilalba a ‘Balbino’ con AGADIC

“Balbino”, o novo espectáculo da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, chega ao auditorio de Vilalba o domingo 15 de outubro.

A novela “Memorias dun neno labrego”, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

O espectáculo conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal.

A actuación do programa Danza 3 que promove AGADIC, dunha hora e vinte minutos de duración, dará comezo ás oito e media do serán. O prezo da entrada é de 10 euros e pódese adquirir en ataquilla.com, na Casa da Cultura e o propio día da actuación xa no auditorio.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: