NNXX de Lugo elixirá nova dirección o 27 de outubro

Novas Xeracións de Lugo celebrará o congreso para elexir nova dirección o 27 de outubro. Así o anuncia a presidenta provincial desta agrupación xuvenil, Rosa Arza, quen indica que este proceso se enmarca dentro do obxectivo que persegue a dirección de seguir renovando as distintas agrupacións locais. Previamente, xa se fixo na de Sarria e, este mesmo mes, na de Triacastela.

Rosa Arza agradece de antemán a “todas os compañeiros que queiran dar o paso á fronte para traballar conxuntamente para seguir medrando como Partido”. “Somos a única forza que verdadeiramente defende os valores democráticos nos que a maior parte da poboación se vei representada, polo que, estas renovacións, estamos convencidos de nos consolidarán como a única alternativa capaz de atender as demandas dos mozos desta provincial”, remarca.

Cronograma

Deste xeito, segundo a programación acordada, os prazos para concorrer ao proceso e que xa foron aprobados, son os seguintes:

  • 2-13 outubro: presentación de candidaturas
  • 14 de outubro: proclamación de candidato
  • 15-22 de outubro: campaña electoral interna do candidato
  • 27 de outubro: celebración do congreso.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: