Premio para a voda do señor Filiberto en Muimenta

O señor Filiberto casou na parada do bus de Muimenta.

O señor Filiberto casou na parada do bus de Muimenta.

O concurso que os colectivos veciñais e deportivos de Muimenta puxeron en marcha co señor Filiberto, dentro do programa de actividades que se levaron a cabo nas últimas semanas para recuperar o servizo de bus directo entre o pobo e a capital de provincia, remataba este venres 29 ás catro da tarde.

Nese momento, as fotos con máis “gústame” foron as dun mozo que o visitaba a cabalo (con 362 votos), a dunha muller que lle mostraba o apoio facéndolle compañía na súa espera (con 317) e a da súa voda na propia parada do bus que en só 48 horas logrou 106 votos.

Con todo, foron moitas e orixinais as propostas dos veciños e veciñas participantes que se presentaban durmindo ao carón do señor Filiberto, tomando unhas cervexas para facerlle compañía ou a súa moza amosando a súa tristura por terse casado con outra. O señor Filiberto tamén recibía a visita de xornalistas coma Paco Rivera.

Lucas e o Farruco obteñen como premio unha cesta de productos da terra, ademais dunha viaxe en autobús de Muimenta a Lugo e regreso -que deberán consumir nos primeiros días nos que se retome o servizo-. A entrega de premios desenvolverase este mesmo venres ás nove do serán na propia parada do bus ubicada na Praza Maior de Muimenta.

Os colectivos veciñais e deportivos da vila agradecen a colaboración de todos e todas as que axudaron na recuperación do servizo de bus.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: