Lucas e Farruco reciben unha cesta de produtos da terra polo seu apoio ao señor Filiberto

Lucas e Farruco recibiron o premio do concurso de fotografías co señor Filiberto.

Lucas e Farruco recibiron o premio do concurso de fotografías co señor Filiberto.

A cesta de productos da terra, con “paca de palla” incluída, ademais dunha fantástica viaxe en autobús de Muimenta a Lugo e regreso -que terá que consumir nos primeiros días nos que se retome o servizo- foron entregados o venres na parada do bus ubicada na praza Maior de Muimenta a Lucas e a Farruco como gañadores do concurso fotográfico de apoio ao “señor Filiberto” que convocaban os colectivos veciñais e deportivos da vila.

As asociación de Muimenta agardan que “nos primeiros días do mes de outubro a empresa Arriva retome as viaxes que comunican o pobo coa capital de provincia, con parada no Hula, tal como se comprometeu coa Xunta de Galicia.

Por outra banda, os colectivos mostran a súa sorpresa ante a falta de información dende o 8 de agosto a través dos tres números de teléfonos facilitados pola companía.

Con todo, estes colectivos veciñais e deportivos dan as grazas a todos os que axudaron na recuperación do servizo de bus.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: