Rubén Sánchez gaña o VI Volante Deputación

Eduardo Vidal, Primitivo Iglesias e Elva Carrera cos tres primeiros clasificados do VI Volante Deputación.

Eduardo Vidal, Primitivo Iglesias e Elva Carrera cos tres primeiros clasificados do VI Volante Deputación.

Rubén Sánchez Agruña terá a oportunidade de participar no Rally San Froilán totalmente de balde dentro da estrutura do equipo de competición de PTC Escuela aos mandos dun Suzuki Swift Sport tras lograr a primeira posición no VI Volante Deputación por diante de Santiago Novoa Branco e Óscar López Rivera, segundo e terceiro clasificados, entre 185 pilotos afeccionados lucenses participantes.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistía este domingo no circuíto da Pastoriza ao VI Volante Deputación no que os participantes recibían formación en técnicas de condución, antes de pasar un proceso de selección cronometrado do que resultaron tres finalistas.

Ademais, homenaxeouse a Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro.

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: