A CHMS reúnese coas asociacións ecoloxistas no marco do Pacto Nacional pola auga

O presidente da CHMS reúnese con representantes das organizacións ecoloxistas galegas.

O presidente da CHMS reúnese con representantes das organizacións ecoloxistas galegas.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), Francisco Marín, reuniuse estae mércores coa Sociedade Galega de Historia Natural, Ríos Limpos e Amigos da Terra continuando coa rolda de encontros previstos na Demarcación Hidrográfica para avanzar cara a un Pacto Nacional pola auga. Tamén foron convocadas a Asociación Galega de Custodia do Territorio, ADEGA e Ríos con Vida, que desculparon asistencia.

Desta forma, continúa a rolda de contactos iniciados polo MAPAMA, o pasado mes de xullo, con todos os sectores co obxectivo de involucrar no Pacto Nacional pola auga a todos os axentes implicados na xestión ou o uso da auga, para dar resposta aos principais retos, coa máxima participación, diálogo e consenso.

O Pacto Nacional pola auga debe recoller as propostas técnicas para facer un uso máis eficaz, solidario e integrado dos recursos existentes. O punto de referencia serán os temas identificados nos plans hidrolóxicos do segundo ciclo, dando continuidade a este diálogo no marco do proceso de preparación dos plans hidrolóxicos do terceiro ciclo, de acordo co calendario establecido na Directiva Marco da auga.

Este futuro Pacto centrarase en catro grandes eixos: a atención de déficits hídricos, o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos Plans Hidrolóxicos -saneamento e depuración e protección de espazos emblemáticos-, a posta en marcha dos Plans de Xestión de Riscos de Inundación e outra serie de medidas en materia de gobernanza da auga -recuperación dos custos asociados aos servizos da auga e mellora da xestión e dos procedementos ordinarios-.

O encontro deste mércores é o segundo, a nivel de Demarcación Hidrográfica, dos seis previstos a realizar durante este mes de outubro cos usuarios, asociacións e organizacións non gobernamentais (ONG).

Etiquetas

Publicidade

Axenda

Publicidade

Todos os artigos e novas da anterior web están agora aquí: