Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

ACRUGA participa en Expolugo con 120 animais na exposición e 100 no concurso

Por 4 Outubro, 2017Sin comentarios
Os representantes das asociacións de razas autóctonas participaron na presentación de Expolugo 2017.

Os representantes das asociacións de razas autóctonas participaron na presentación de Expolugo 2017.

Un ano máis, a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, participará activamente na feira Expolugo A Rural, onde a Rubia estará representada por uns 120 animais na exposición de razas autóctonas, ademais de presentar cen destes exemplares ao Concurso de Gando III Memorial Luciano Sánchez, que se celebrará tamén no Palacio de Feiras e Congresos.

Na exposición tomarán parte exemplares procedentes de explotacións de gandeiros de Friol, Samos e O Corgo, ademais dos dous touros que Acruga ten na nave de testaxe e unha vintena de #xato do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.

A exposición estará aberta ao público desde o sábado 7 ata o domingo 8, mentres que o concurso terá lugar ao longo de toda a mañá do sábado. Trátase do III Memorial Luciano Sánchez, no que tomarán parte unhas 100 cabezas de gando, pertencente a gandeiros de Friol, Samos e O Corgo.

No concurso valoraranse os animais en 5 categorías diferentes, con tres premios para cada unha das categorías; así se premiará á mellor vaca, mellor touro, mellor xata, mellor xato e mellor cría. O primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 50 euros.

Ademais, este concurso establece un premio de 200 euros para o mellor lote de gando.

Os animais serán valorados por dous xuíces principais, procedentes da Escola de Xuíces Gandeiros de Acruga. De feito, coincidindo con esta feira, poñerase o punto e final ao curso de xuíces gandeiros de raza rubia gallega, que alcanza a súa décima edición, na que participaron un total de 17 alumnos. Este curso, que consta dunha parte teórica e outra práctica, en campo, finalizará o día 7, cando os alumnos traballarán con varios animais da exposición para cualificar e valorar.

A participación de Acruga en Expolugo A Rural non é a única actividade na que esta asociación toma parte durante as festas de San Froilán. O desfile de gando de razas autóctonas polo centro da cidade é outro dos eventos ineludibles para esta asociación, que estará representada no desfile por un dos seus touros, ademais de por varios exemplares de rubia gallega de gandeiros desta raza.

Sábado 7 de outubro
11.30 horas: Desfile de gando polas rúas do centro de Lugo.
13:00 horas: Inauguración oficial de Expolugo.
13:30 horas: entrega de premios aos gañadores do concurso de gando e diplomas aos participantes no curso de xuíces de raza Rubia Gallega.
14:30 horas: xantar con carne de Tenreira Galega Suprema-Carne de Rubia Gallega no Palacio de Feiras e Congresos.